Entrevista con Borja Freire López (Puto)
Reunímonos con "Puto" no primeiro recreo na aula de 1º de bacharelato. Se hai alguén sen medo a ser el mesmo ese é Borja. É un rapaz de dezasete anos que lle encanta a música e vén de tradición carpinteira na súa familia. Aburrido de tocar co seu baixo decidiuse a construír un.
MIPE:Por que se che ocorreu construír un baixo?
PUTO:Porque non hai diñeiro, e como na miña familia temos tradición carpinteira trasmitíronme a tradición e cos útiles do taller que hai na casa púxenme a facer un baixo.
M:Tes pensado ser carpinteiro?
P:Non, soamente é un pasatempo. Eu non son un punki carpinteiro son un punki sen diñeiro.
M:¿E dedicarte a facer instrumentos?
P:Non, só é un pasatempo.
M:¿Que nos contas da túa traxectoria musical?
P:No primeiro grupo que estiven foi NESC de Rap, logo ARKA de Punk, e agora estou en BRAINS SPIRED de Hardcore Punk Melódico. Imos participar no certame musical.
M:¿Cando empezaches a escoitar música?
P:Levo escoitando rap desde pequeno, dende os 11 anos, e Punk dende os 13.
M:¿É verdade que a túa afección cara a música empezou cun moniño de xoguete que tocaba o tambor?
P:Si, decidín tocar a guitarra pero era demasiado negado, entón busquei un instrumento con menos cordas que puidese tocar con máis facilidade, logo decidín tocar o baixo.
M:¿Estado civil?
P:Arrimado
M:¿Enfermidades psiquicas?
P:Varias
M:¿Enfermidades físicas?
P:Panza (rí)
M:¿Tes algún sentimento ou tendencia homosexual cara algún membro viril do grupo?
P:(Gargalladas) Soamente cando "tocamos"
M:¿Que curso estás a facer?
P:2º DE BACHARELATO.
M:¿Que tal de notas?
P:"Suficientes" (ríe) pero tecnoloxía gústame e dáseme bastante ben.
M:¿Que sentes ao saber que es precursor nos pelos afro similares ao vello púbico no instituto?
(rímos, el tamén rí)
P:Desde que empecei a deixar que o meu pelo brotase vin como os rizos medraban, deixeinos e logo estendeuse por todo o instituto. Todo o mundo deixou crecer o seu "pelo de polla" (levanta o brazo, emociónase e cáelle unha lágrima mentres ve pasar xente co pelo alborotado, cheo de rizos e mugrientas rastas).
M:¿Levouche moito tempo construír o baixo?
P:Si, porque o construín en ratos libres.
M: Pero, canto?
P: Nin idea; supoño que un mes, máis ou menos.
M: ¿Sacaches pezas do antigo?
P:Si. Aburrínme del e como non tiña diñeiro para un novo, fabriqueino.
M:¿É verdade o que se di que lle estás a construír unha guitarra a Patiño?
P: Si, estoulle facendo unha estilo "Dean dimefromhell". Tamén lle estou facendo unha a Juan Soriano (Brains Spired), á que chamamos peneguitar.
Despedímonos de Borja, quedando así pendente unha "roda humana".
6 comentarios:
pareceme que é unha entrevista interesante pero para min cabe destacar o voso compromiso cun estilo propio, ese estilo de certa locura que sobretodo miguel ten, pero os dous tades a facer un bo traballo seguide a decir locuras de interese pois escasean.
Paréceme unha boa entrevista,xa que o que Borja fixo non é algo que se vexa todolos dias e por iso pareceme que ten bastante mérito.
Ademais esta entrevista non me parece tan monótona como a maioría das que se soen ver e iso e algo que me gusta, así que a ver para cando outra non?
Está moi ben a frase, paréceme moi enxeñosa. Noraboa polo baixo.
Un saúdo
Para min esta é unha entrevista moi boa. É interesante ver que se pode tocar un instrumento sen necesidade de ter moito diñeiro.
Ahí, neno ahí!
valla fiera
Publicar un comentario