19/5/08

Entrevista a Ignacio Vilar


ID: Poderías falarnos sobre as túas actividades en galego anteriores a esta e cine en galego anterior ao teu que che influíra.

IV:Todo o que fixen ata agora o fixen en galego. Fago documentais, series de documentais para televisión, por exemplo a vangarda histórica galega sobre os pintores galegos máis importantes, Laxeiro, Colmeiro, trece capítulos. Despois fixen tres longametraxes, Ilegal, o segundo un bosque de música, sobre Luar na Lubre, e Pradolongo. Pradolongo está gravado en galego de Valdeorras porque a historia o requería. Despois a película que máis me influíu e o director que é o meu referente é Chano Piñeiro e Sempre Xonxa que ademais por casualidade está rodada en Valdeorras no concello de Petín, eu son de Petín. Vouvos contar unha anecdota; eu buscaba unha cociña importante, unha cociña dunha casa de aldea que non estivese en ruínas, estiven un mes buscando por toda a zona de Valdeorras e atopei unha e resulta que esa cociña era a mesma na que gravara Sempre Xonxa Chano Piñeiro en 1987. Cando Chano Piñeiro rodou Sempre Xonxa todo o equipò técnicp era de fóra o único galego que había era el. En Pradolongo o 98% do equipo técnico é galego e o equipo artístico 100% galego.

Id:¿Que relación ten a situación espacial da película coa túa vida xa sexa actual anterior ou posterior, se é que a ten, claro?

IV:Espacial queres dicir de onde son?

Id:Onde está situada?

IV:Depende, se falo de Laxeiro teño que ir a Lalín, ou de Colmeiro teño que ir a Prado, que está preto de Silleda. Depende da historia que contes por exemplo, Ilegal que é unha historia que trata de polisóns que chegan a Galiza e rodeina en Vigo porque é onde chegan os barcos. Anteriormente fixen un documental que se titula Polisóns nos que descubrín a cantidade de polisóns que chegan a Vigo nos barcos de madeira que chegan de Africa. Entón esa pélicula rodeina en Vigo e unhas secuencias en Santiago. Un bosque de música (De Luar na Lubre) unha parte está rodada no bosque dos Teixos, un dos poucos que quedan en Europa. O teixo é unha árbore milenaria e impresonante e a min a música de luar na lubre levávame ao bosque, por eso se chama Un bosque de música. Entón rodamos unha parte en Valdeorras e outra na Coruña porque Luar na lubre son da Coruña, e Pradolongo era unha historia que tiña que contar en Valdeorras porque a historia que conta Pradolongo ten moito que ver con Valdeorras xa que eu falo sempre de que é unha historia local pero universal porque fala de amor e amizade e da relación coa natureza.

Sigue lendo...


Id:¿Esta película e as súas distintas situacións que teñen de real e que teñen de ficticio?

IV:Non, esta é unha película de ficción, pero a ficción está baseada na realidade. Quen aos 18 anos, que é a idade dos protagonistas, non tivo un desencontro de amor?. Quen non ten diferenzas cun amigo pola clase social e mais está a rapaza polo medio, ben iso vivímolo todos, é eterno. Mais Pradolongo fala da industria e o choque coa natureza, neste caso a gandería ecoloxica por exmeplo en Valdeorras o ouro negro é a lousa, pero a lousa crea un impacto ambiental moi grande e sobretodo visual. Ben, esta película fala sobre se a lousa e a gandería son compatibles.

Id: ¿Por que na presentación usaches a expresión "capital 100% galego" para falar da financiación da película?

IV:Porque rodar en Galego é moi difícil.Normalmente o presuposto é 50% galego e 50% de fóra. Ao rodar en galego, Madrid non quere saber nada, entón o final tivemos que facer a película 100% ata de financiación. O máis difícil desta película foi a financiación porque rodar en galego é un risco moi grande porque Madrid non quere entender que son catro idiomas os oficiais do Estado.
Id: Pradolongo é unha longametraxe integramente galega o cal quere dicir que queda claro que non buscas a comercialidade...

IV:...pois mira con esta película imos demostrar que se pode facer cine comercial rodado en galego. En Ourense estabamos nunha sala de cine comercial. Debido a que había tanta xente tiveron que desprazar unha película Norteamericana para poñer Pradolongo. En Vigo estamos nos cines Gran Vía e nos Cines Norte. Somos a película máis taquilleira de todas as que hai neste momento, das ofertas que hai a única película Europea é Pradolongo que está rodada en Galego e ten moita máis taquilla que esta película Horton que está arrasando, ben pois temos máis taquilla que esas películas Norteamericanas. Gustaríame demostrar que rodar en Galego pode ser comercial. Para min o cine é contar unha boa historia é indiferente no idioma que rodes e nós como Galegos que imos a contar unha historia en Inglés ou en Castelán.

Id: Que opinas do cine como produto para vender e non como algo co que se estea contento?

IV:Eu creo que é unha mezcla das dúas. Para min hai unha clasificación: a dos franceses, que teñen un cine impresionante e ademais consumen o seu cine, cousa que non facemos nós. Chámanlle Industria Cultural. Por un lado a industria que como toda industria necesita técnica,financiación... e tamén necesita comercialización e cultura porque estamos xogando con sentimentos,emocións, estamos xogando co que somos, estamos xogando con muitos elementos. Entón eu creo que o cine ten que ser esas dúas cousas, cultura e comercialización. Entón poderemos exhibir todas as nosas películas e así que saiban que os galegos podemos contar historias.

Id: Foi díficil a elección de Roberto ou clara e doada? Houbo fortes competencias entre compañeiros?

IV:Sí, sabedes que esta película os seus protagonistas teñen entre 16 e 17 anos a esa idade hai poucos actores e tiven que facer un "casting" por toda a zona de Ourense entre 600 e 700 rapaces, de aí saíron once, a eses once fixémoslles un curso de interpretación de seis meses de aí saíron catro, tres teñen un papel principal e Roberto é o protagonista. Costou moitísimo tomar a decisión pero despois de seis meses xa coñecía a todos e sabía o que podían dar de sí. Roberto, si ides ver a película temos un gran actor galego porque fai un papel impresionante.

Id: Que concellos participaron nesta longametraxe?

IV:Todos os da comarca de Valdeorras. Sen eles sería imposíbel facer esta película, sen axuda dos veciños e veciñas sería imposíbel facer esta película.

Id: Por último, poderíanos recomendar tres das túas películas e directores preferidos do cine mundial?

IV:Recomendaría Easy Rider de Dennis Hopper que é unha película dos anos 60. Os Santos inocentes de Mario Camus e Gatopardo de Luchino Visconti.