19/2/08

Non quere o goberno que vexamos este vídeo?


Hai oito meses que a campaña publicitaria de Amnistía Internacional O poder da túa voz non se pode emitir nas canles nacionais de televisión porque o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio obstaculiza a súa emision clasificándoo de ilegal, rexeitando a exención de cómputo publicitario; negando así o carácter de servizo público do anuncio, impedindo a súa emisión gratuíta e clasificándoo como publicidade política. Esta calificación supón que a ilegalidade vaia implícita na emisión do vídeo en calquera canle de televisión (artículo 9. 1c lei 25/1994) e sancionábel como infracción grave (artígo 20.2 da mesma lei). O Goberno di que a campaña de AI non ten carácter de servizo público porque os dereitos humanos non poden defenderse mediante a crítica ou a controversia, pero o problema é que non se critica a ninguén, senón que se enumeran dereitos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e indica o que deberían facer estes gobernantes segundo as leis internacionais. A crítica ou denuncia é unha forma habitual, lóxica e necesaria na defensa dos dereitos humanos. E defender os dereitos humanos é un servizo público. O segundo motivo é que debe ser revisada polo ministro de industria, e consiste en dicir que a campaña debe ser calificada como publicidade política e polo tanto prohibida, o cal determina non só que non poida emitirse en TV como publicidade gratuíta, senón algo moito máis grave: que a súa emisión por cualquera emisora de TV poida ser sancionada con multas de até 300.000 euros. Dita calificación supón considerar ilegal a emisión por parte de calquera canle de televisión (artígo 9. 1c lei 25/1994) e sancionábel como infracción grave (artígo 20.2 da mesma lei). Segundo Amnistía Internacional os dereitos humanos son "o consenso básico sobre o que se sustenta toda a legalidade internacional". Por iso, defender os dereitos humanos non ten nin pode ter, en principio, ningunha finalidade política, xa que só se trata de defender as regras do xogo universal que eles mesmos crearon. Non deixes que ninguén cale a túa voz con pobres ameazas.

TODO MEDIO QUE DIFUNDA ESTE VÍDEO PODE SER MULTADO.