19/5/08

Entrevista a Ignacio Vilar


ID: Poderías falarnos sobre as túas actividades en galego anteriores a esta e cine en galego anterior ao teu que che influíra.

IV:Todo o que fixen ata agora o fixen en galego. Fago documentais, series de documentais para televisión, por exemplo a vangarda histórica galega sobre os pintores galegos máis importantes, Laxeiro, Colmeiro, trece capítulos. Despois fixen tres longametraxes, Ilegal, o segundo un bosque de música, sobre Luar na Lubre, e Pradolongo. Pradolongo está gravado en galego de Valdeorras porque a historia o requería. Despois a película que máis me influíu e o director que é o meu referente é Chano Piñeiro e Sempre Xonxa que ademais por casualidade está rodada en Valdeorras no concello de Petín, eu son de Petín. Vouvos contar unha anecdota; eu buscaba unha cociña importante, unha cociña dunha casa de aldea que non estivese en ruínas, estiven un mes buscando por toda a zona de Valdeorras e atopei unha e resulta que esa cociña era a mesma na que gravara Sempre Xonxa Chano Piñeiro en 1987. Cando Chano Piñeiro rodou Sempre Xonxa todo o equipò técnicp era de fóra o único galego que había era el. En Pradolongo o 98% do equipo técnico é galego e o equipo artístico 100% galego.

Id:¿Que relación ten a situación espacial da película coa túa vida xa sexa actual anterior ou posterior, se é que a ten, claro?

IV:Espacial queres dicir de onde son?

Id:Onde está situada?

IV:Depende, se falo de Laxeiro teño que ir a Lalín, ou de Colmeiro teño que ir a Prado, que está preto de Silleda. Depende da historia que contes por exemplo, Ilegal que é unha historia que trata de polisóns que chegan a Galiza e rodeina en Vigo porque é onde chegan os barcos. Anteriormente fixen un documental que se titula Polisóns nos que descubrín a cantidade de polisóns que chegan a Vigo nos barcos de madeira que chegan de Africa. Entón esa pélicula rodeina en Vigo e unhas secuencias en Santiago. Un bosque de música (De Luar na Lubre) unha parte está rodada no bosque dos Teixos, un dos poucos que quedan en Europa. O teixo é unha árbore milenaria e impresonante e a min a música de luar na lubre levávame ao bosque, por eso se chama Un bosque de música. Entón rodamos unha parte en Valdeorras e outra na Coruña porque Luar na lubre son da Coruña, e Pradolongo era unha historia que tiña que contar en Valdeorras porque a historia que conta Pradolongo ten moito que ver con Valdeorras xa que eu falo sempre de que é unha historia local pero universal porque fala de amor e amizade e da relación coa natureza.

Sigue lendo...


Id:¿Esta película e as súas distintas situacións que teñen de real e que teñen de ficticio?

IV:Non, esta é unha película de ficción, pero a ficción está baseada na realidade. Quen aos 18 anos, que é a idade dos protagonistas, non tivo un desencontro de amor?. Quen non ten diferenzas cun amigo pola clase social e mais está a rapaza polo medio, ben iso vivímolo todos, é eterno. Mais Pradolongo fala da industria e o choque coa natureza, neste caso a gandería ecoloxica por exmeplo en Valdeorras o ouro negro é a lousa, pero a lousa crea un impacto ambiental moi grande e sobretodo visual. Ben, esta película fala sobre se a lousa e a gandería son compatibles.

Id: ¿Por que na presentación usaches a expresión "capital 100% galego" para falar da financiación da película?

IV:Porque rodar en Galego é moi difícil.Normalmente o presuposto é 50% galego e 50% de fóra. Ao rodar en galego, Madrid non quere saber nada, entón o final tivemos que facer a película 100% ata de financiación. O máis difícil desta película foi a financiación porque rodar en galego é un risco moi grande porque Madrid non quere entender que son catro idiomas os oficiais do Estado.
Id: Pradolongo é unha longametraxe integramente galega o cal quere dicir que queda claro que non buscas a comercialidade...

IV:...pois mira con esta película imos demostrar que se pode facer cine comercial rodado en galego. En Ourense estabamos nunha sala de cine comercial. Debido a que había tanta xente tiveron que desprazar unha película Norteamericana para poñer Pradolongo. En Vigo estamos nos cines Gran Vía e nos Cines Norte. Somos a película máis taquilleira de todas as que hai neste momento, das ofertas que hai a única película Europea é Pradolongo que está rodada en Galego e ten moita máis taquilla que esta película Horton que está arrasando, ben pois temos máis taquilla que esas películas Norteamericanas. Gustaríame demostrar que rodar en Galego pode ser comercial. Para min o cine é contar unha boa historia é indiferente no idioma que rodes e nós como Galegos que imos a contar unha historia en Inglés ou en Castelán.

Id: Que opinas do cine como produto para vender e non como algo co que se estea contento?

IV:Eu creo que é unha mezcla das dúas. Para min hai unha clasificación: a dos franceses, que teñen un cine impresionante e ademais consumen o seu cine, cousa que non facemos nós. Chámanlle Industria Cultural. Por un lado a industria que como toda industria necesita técnica,financiación... e tamén necesita comercialización e cultura porque estamos xogando con sentimentos,emocións, estamos xogando co que somos, estamos xogando con muitos elementos. Entón eu creo que o cine ten que ser esas dúas cousas, cultura e comercialización. Entón poderemos exhibir todas as nosas películas e así que saiban que os galegos podemos contar historias.

Id: Foi díficil a elección de Roberto ou clara e doada? Houbo fortes competencias entre compañeiros?

IV:Sí, sabedes que esta película os seus protagonistas teñen entre 16 e 17 anos a esa idade hai poucos actores e tiven que facer un "casting" por toda a zona de Ourense entre 600 e 700 rapaces, de aí saíron once, a eses once fixémoslles un curso de interpretación de seis meses de aí saíron catro, tres teñen un papel principal e Roberto é o protagonista. Costou moitísimo tomar a decisión pero despois de seis meses xa coñecía a todos e sabía o que podían dar de sí. Roberto, si ides ver a película temos un gran actor galego porque fai un papel impresionante.

Id: Que concellos participaron nesta longametraxe?

IV:Todos os da comarca de Valdeorras. Sen eles sería imposíbel facer esta película, sen axuda dos veciños e veciñas sería imposíbel facer esta película.

Id: Por último, poderíanos recomendar tres das túas películas e directores preferidos do cine mundial?

IV:Recomendaría Easy Rider de Dennis Hopper que é unha película dos anos 60. Os Santos inocentes de Mario Camus e Gatopardo de Luchino Visconti.

19/2/08

Non quere o goberno que vexamos este vídeo?


Hai oito meses que a campaña publicitaria de Amnistía Internacional O poder da túa voz non se pode emitir nas canles nacionais de televisión porque o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio obstaculiza a súa emision clasificándoo de ilegal, rexeitando a exención de cómputo publicitario; negando así o carácter de servizo público do anuncio, impedindo a súa emisión gratuíta e clasificándoo como publicidade política. Esta calificación supón que a ilegalidade vaia implícita na emisión do vídeo en calquera canle de televisión (artículo 9. 1c lei 25/1994) e sancionábel como infracción grave (artígo 20.2 da mesma lei). O Goberno di que a campaña de AI non ten carácter de servizo público porque os dereitos humanos non poden defenderse mediante a crítica ou a controversia, pero o problema é que non se critica a ninguén, senón que se enumeran dereitos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e indica o que deberían facer estes gobernantes segundo as leis internacionais. A crítica ou denuncia é unha forma habitual, lóxica e necesaria na defensa dos dereitos humanos. E defender os dereitos humanos é un servizo público. O segundo motivo é que debe ser revisada polo ministro de industria, e consiste en dicir que a campaña debe ser calificada como publicidade política e polo tanto prohibida, o cal determina non só que non poida emitirse en TV como publicidade gratuíta, senón algo moito máis grave: que a súa emisión por cualquera emisora de TV poida ser sancionada con multas de até 300.000 euros. Dita calificación supón considerar ilegal a emisión por parte de calquera canle de televisión (artígo 9. 1c lei 25/1994) e sancionábel como infracción grave (artígo 20.2 da mesma lei). Segundo Amnistía Internacional os dereitos humanos son "o consenso básico sobre o que se sustenta toda a legalidade internacional". Por iso, defender os dereitos humanos non ten nin pode ter, en principio, ningunha finalidade política, xa que só se trata de defender as regras do xogo universal que eles mesmos crearon. Non deixes que ninguén cale a túa voz con pobres ameazas.

TODO MEDIO QUE DIFUNDA ESTE VÍDEO PODE SER MULTADO.

20/1/08

"Non son un punki carpinteiro, son un punki sen diñeiro"




Entrevista con Borja Freire López (Puto)

Reunímonos con "Puto" no primeiro recreo na aula de 1º de bacharelato. Se hai alguén sen medo a ser el mesmo ese é Borja. É un rapaz de dezasete anos que lle encanta a música e vén de tradición carpinteira na súa familia. Aburrido de tocar co seu baixo decidiuse a construír un.

MIPE:Por que se che ocorreu construír un baixo?
PUTO:Porque non hai diñeiro, e como na miña familia temos tradición carpinteira trasmitíronme a tradición e cos útiles do taller que hai na casa púxenme a facer un baixo.

M:Tes pensado ser carpinteiro?
P:Non, soamente é un pasatempo. Eu non son un punki carpinteiro son un punki sen diñeiro.

M:¿E dedicarte a facer instrumentos?
P:Non, só é un pasatempo.

M:¿Que nos contas da túa traxectoria musical?
P:No primeiro grupo que estiven foi NESC de Rap, logo ARKA de Punk, e agora estou en BRAINS SPIRED de Hardcore Punk Melódico. Imos participar no certame musical.

M:¿Cando empezaches a escoitar música?
P:Levo escoitando rap desde pequeno, dende os 11 anos, e Punk dende os 13.

M:¿É verdade que a túa afección cara a música empezou cun moniño de xoguete que tocaba o tambor?
P:Si, decidín tocar a guitarra pero era demasiado negado, entón busquei un instrumento con menos cordas que puidese tocar con máis facilidade, logo decidín tocar o baixo.

M:¿Estado civil?
P:Arrimado

M:¿Enfermidades psiquicas?
P:Varias

M:¿Enfermidades físicas?
P:Panza (rí)

M:¿Tes algún sentimento ou tendencia homosexual cara algún membro viril do grupo?
P:(Gargalladas) Soamente cando "tocamos"

M:¿Que curso estás a facer?
P:2º DE BACHARELATO.

M:¿Que tal de notas?
P:"Suficientes" (ríe) pero tecnoloxía gústame e dáseme bastante ben.

M:¿Que sentes ao saber que es precursor nos pelos afro similares ao vello púbico no instituto?
(rímos, el tamén rí)
P:Desde que empecei a deixar que o meu pelo brotase vin como os rizos medraban, deixeinos e logo estendeuse por todo o instituto. Todo o mundo deixou crecer o seu "pelo de polla" (levanta o brazo, emociónase e cáelle unha lágrima mentres ve pasar xente co pelo alborotado, cheo de rizos e mugrientas rastas).

M:¿Levouche moito tempo construír o baixo?
P:Si, porque o construín en ratos libres.

M: Pero, canto?
P: Nin idea; supoño que un mes, máis ou menos.

M: ¿Sacaches pezas do antigo?
P:Si. Aburrínme del e como non tiña diñeiro para un novo, fabriqueino.

M:¿É verdade o que se di que lle estás a construír unha guitarra a Patiño?
P: Si, estoulle facendo unha estilo "Dean dimefromhell". Tamén lle estou facendo unha a Juan Soriano (Brains Spired), á que chamamos peneguitar.

Despedímonos de Borja, quedando así pendente unha "roda humana".

19/12/07

Non á guerra



Este vídeo trata de Concepción Martín (Conchita) unha Galega que leva 26 anos acampada diante da Casa Blanca protestando contra o uso das armas nucleares. Leva alí desde que Ronald Reagan estivese á fronte do goberno dos Estados Unidos. A maioría dos turistas páranse a sacar fotos con ela, aínda que Conchita non está alí como reclamo turístico senón para protestar contra as accións bélicas dos E.E.U.U.

4/12/07

Os amos do mundo

Durante anos Estados Unidos conseguiu influír na opinión mundial mediante o dominio global da prensa. Como explicar senón as criticas a zonas como palestina que están sendo atacadas por israel. A única explicación, ao noso entender, é que israel fai o que EE.UU. quere. Por que non se critican países como Arabia Saudí, nos que se apalean mulleres e homosexuais á mínima de cambio? Porque son amigos do Tío Sam. E agora preguntamos: por que se criticou tanto a dicusión ZP- Chávez- Juan Carlos? Porque Chávez é inimigo de Bush e suponlle unha ameaza.

Deixámosvos unha enquisa sobre se Estados Unidos controla a prensa.

22/11/07

Perfecionador agresivo


Sígueme, indicareiche o camiño.
Pronto superarás os teus temores.
Garda as túas infinitas bágoas.
Busca o teu máis mínimo fallo.
Grita como se nada poidera axudarte.
Segues loitando por sobrevivir.
Interpretas as fantasías
dunha forza que te manten vivo.
Tereite de xoellos.
Participas no meu xogo mortal.
Satisfarei todas as túas necesidades.
Nunca serás o mesmo.
Colle a miña man. Eu ensinareiche.
Só tes unha vida que vivir.
O camino que levas vai directo ao infierno.
A túa vida é túa para dala.
As súas fantasías sobre todos vós
son demasiado grandes para velas.
Este mundo no que vives é unha ficción,
perfeccionada só para min.
Podes escoitar a canción no reprodutor.